QUE SABEMOS DE QUE OS ALIMENTOS ESTÉN VIVOS e SE DEIXEN MANIPULAR?

6º A
Mateo: O sabor dos alimentos depende da manipulación.
Tiago: Segundo o alimento que sexa, porque a carne está morta e déixase manipular.
Iago: Utilizar os alimentos para o noso beneficio.
Juan: Segundo o tipo de alimento déixase manipular de maneira distinta.
Nacho: Cando a sacamos da árbore xa morreu?
Saúl: É máis difícil manipular un alimento que outro?
Ainhoa: Ao manipular un alimento estouno contaminando?
Mencía: Non todas as partes dun alimento son comestibles.
Juliette: Cando cae unha froita ao chan morre.
Dalia: Cando os seres vivos teñen auga están vivos.
Rebeca: As froitas móvense.
Xavi: A todos os seres vivos aféctalles por igual o veleno?
Saulo: Segundo a temperatura, cambia a resistencia do ser vivo.
Alba: A contaminación afecta de maneira distinta aos seres vivos.
Aisha: Hai arte con seres vivos?
Bryan: Todas as plantas necesitan a mesma auga.

6º B
Isma: Os alimentos para vivir necesitan auga.
Sergio: Cando collemos unha mazá da árbore segue viva.
Mateo: As froitas cando as arrancamos das plantas, sofren?
Manuel: Cando manipulamos as froitas póñense ledas.
Matías: Os plátanos ao quitalos da súa árbore póñense negros porque están tristes.
Laura: Os alimentos débense manipular en táboas distintas.
Antía: A manipulación dos alimentos inflúe na nosa saúde.
Carlos: Dependendo de como se manipulen os alimentos poden estar en bo ou mal estado.
Xiana: Os seres vivos somos malos para nós mesmos.
Adriana: Podemos enfermar ou falecer por tomar un alimento en mal estado?
Xián: Cando hai lumes os seres vivos morren no momento?
Jenny: Por culpa da contaminación os seres vivos acuáticos e terrestres morren.
Irene: Os alimentos séntense sos cando non se manipulan?
Miguel: A contaminación tamén inflúe no crecemento das froitas?
Xesús: Se manipulamos un alimento con auga seguirá vivo?
Camila: Que poden sentir os alimentos?