CORRE, CORRE CABACIÑA_A cabaza con máis vida

O mércores 31 de outubro os/as alumn@s de sexto representamos o conto CORRE, CORRE CABACIÑA en 5 pases durante toda a mañá. Foi unha experiencia "terrorífica" pero fermosísima. Tivemos espectadores de infantil e primaria todos eles moi valentes.
Despois da lectura do conto iamos a acompañar aos visitantes ao túnel do terror. A decoración tamén correu da nosa conta con axuda dalgúns profes e alumn@s da ESO. Graciñas a tod@s!