A COPA ReReRe


Roxelio, Raimundo e Ramiro son os tres erres resabidos. Pensan que eles sós poden curar a mala saúde do planeta, pero nunca se poñen de acordo.

Roxelio recicla.
Raimundo reduce.
Ramiro reutiliza.

Traballan por separado competindo entre eles. Queren conseguir a copa ReReRe o premio máis importante do mundo, o de SALVAR A TERRA dos monstros do lixo.

Ruda e Rosa son dúas flores que queren estar á moda. Entre as dúas reciclan, reducen e reutilizan. Teñen unha canle de RRtubeR e comparten ideas.

Rosa: Apetéceme un pouco de leite... Umm boísima! E agora que facemos co brik Ruda?

Ruda: Non deberiamos tiralo sen máis. Podemos facer un sobre para gardar os pétalos que nos caen ao chan e de paso facer con eles unha fragancia de Rudas ou de Rosas.

Rosa: Ben visto Ruda! Así reducimos a cantidade de lixo do contedor amarelo, reutilizamos o brik sen gastar enerxía e reciclamos dándolle outra utilidade.

Mentras tanto Raimundo non deixa de reducir embalaxes. Tanto é así que cando vai á compra ten que ir facendo malabarismos cos produtos.

Roxelio recicla separando todos os residuos que atopa polo mundo adiante pero sen saber que facer logo con eles.

E Ramiro reutiliza tanto que o día que quixo escribir a solicitude para concursar no ReReRe nunha folla do seu caderno de notas, non tiña espazo nin entre liñas.

RaRoRa coñecéronse na presentación dos proxectos do concurso. Ningún deles conseguiu gañar. No xurado estaban Ruda e Rosa que despois de ver o gran traballo que facían por separado decidiron propoñerlles crear un grupo de cooperación. O RaRoRaRuRo S.A. Todos para un e un para todos! Se recicla un reciclamos todos! Longa vida ao planeta Azul.